Volume e peso das cinzas tras unha cremación: a máis corpo, máis restos?

Existe unha correlación directa entre as dimensións que ten unha persoa e o peso das cinzas que queda logo da súa incineración? Ana Díaz

En termos xerais, as cinzas correspondentes a un cadáver ocupan un volume de entre 3 e 3,5 litros no caso dunha persoa adulta, cun peso de entre dous e catro quilos. Pola súa banda, para os nenos e nenas este valor oscila entre os 0,6 litros dun recén nacido e os 2 litros que pode acadar un menor duns 12 anos, o que tamén repercute loxicamente de xeito proporcional no peso dos seus restos.

Isto non significa que a propia composición do corpo a incinerar non inflúa no volume de cinzas que xera ou na rapidez coa que ten lugar o proceso. Así, en contra do que moita xente pensa, unha persoa especialmente voluminosa pode chegar a xerar unha menor cantidade de cinza debido á proporción que representa a graxa no cadáver.

Neste tipo de cadáveres, o procedemento de cremación é máis rápido do habitual, posto que esa clase de substancias teñen unha combustión máis acelerada, o que implica que non sempre se vaia obter un volume de cinzas directamente proporcional á envergadura que tiña o corpo do que proceden.

Facebook
WhatsApp
X
LinkedIn
Pinterest